Os afloramentos de augas subterráneas en superficie son enclaves importantes en moitos sentidos (ecolóxico, hidrolóxico, mineralóxico, cinexético, educativo e cultural), e xa foron dende sempre obxeto de numerosas declaracións sobre a necesidade de defendelos e conservalos.
A desaparición e deterioro destes enclaves, por alteración nos sistemas hidroxeolóxicos, levaría consigo impactos en varios aspectos entre os que cabería sinalar a modificación estética da paisaxe e máis a da diversidade biolóxica existente naqueles territorios en que se asentan.
A merma de éstes enclaves levaríanos a un empobrecemento dos recursos naturais, sendo o punto máis extremo a potencialidade "desertización" que pasarían a sofrir as áreas de influencia dependentes do afloranmento.
O marxe de esta valoración, que precisaría de un amplio estudio cientifico, e cuio principal atranco sería a falla de investigacións sobre o funcionamento e características das capas freáticas predominantes no territorio que se abarca, asé como as multiples formas de manifestarse en superficie das augas subterraneas, é por o que este traballo se centrou na localización, catalogación e descripción das surgencias existentes e perfectamente localizables que manteñen un compoñente social para a poboación.
METODOLOXÍA.
Esta catalogación dos afloramentos de auga existentes no perímetro municipal de O CARBALLIÑO, foi feita por obxetores de conciencia que fan a prestación social no Grupo de Acción Ecoloxista "OUTEIRO", durante os meses de xuño a octubro de 1.996 e, nese tempo, fóronse percorrendo unha a unha as dezeseis parroquias que forman o concello de Carballiño.
En un primeiro estudio, realizouse a localización das surxencias e afloramentos do líquido elemento; para pasar con posterioridade a unha segunda fase, na que se determinaron factores de utilidade e incidencia na poboación.
Realmente o traballo de campo consisteu na toma de datos referentes á construcción e forma da fonte ou manantial, recolléndolles as medidas correspondentes os seus elementos e complementos, o mesmo tempo que se facía unha observanza sobor do entorno e traballos que se debían levar a cabo para unha máis eficaz xestión distes enclaves permanentes que, en tempos non moi lonxanos, foron autenticos centros de comunicación entre veciños, amén do servizo e utilidade social que tiñan, sen esquencer datos e contos que na súa arredor se teceron.
Inda que en moitos de estes manantiais e fontes hoxe aparecen reflexadas datas do último século, non debemos esquecer que a maior parte de esas fontes e manantiais teñen unha antiguedade de milenios, e se levan esas datas é por mor de lembrar o intre no que foron feitas algunhas milloras, ou arranxadas e axeitadas as instalacións dacordo as necesidades sociais da época e máis da poboación onde se atopan.
APROXIMACIÓN HISTÓRICA.
Ó longo da historia da humanidade ningún elemento xogou un papel comparable ó que xogou a auga.
Asociada ó inicio da vida, coa xuntanza dos aminoácidos que xeneraron a primeira proteina, atópase presente en todas as culturas coñecidas, se ben a actitude do home con respecto a auga, foi moi variada ó longo da historia en función do tempo e das circunstancias.
E frecuente na mitoloxía atopar baixo a figura de deuses ós ríos, á choiva, ó mar. Pero da adoración podiase pasar a unha completa falta de respecto, pois a auga estaría alí sempre, no seu lugar preciso e en cantidades inesgotables, hasta o punto de sobrar calquer tipo de coidado para o seu manteñemento.
E ben certo que son dúas actitudes extremas, pero que non conven esquencer se queremos chegar a comportamentos racionais.
A preocupación por o auga estuvo presente en todas as culturas que se prodigaron con máis ou menos forza por éstes paraxes durante o derradeiro milenio. Dende os primitivos poboadores, pasando por os romanos, os visigodos, e ate os árabes, todos eles foron sementando o territorio de obras hidráulicas (acueductos, encoros, canles de rego, etc..). En unhos casos para utilizar as augas para o seu servicio, e en outros para poder vencer o atranco que representaban esas mesmas augas nas comunicacións ou nas relacións entre pobos, tal era o caso das pontes, poldras, e demáis arquitectura empregada ó longo de séculos.
A LEI DE AUGAS.
A actual Lei de Augas foi aprobada por o Goberno Central de Madrid en 1985, e supuxo a modificación da venerable Ley de Augas de 1879, inspirada en demandas de tipo social moi diferentes das que se poideran dar en 1985. Dita Lei do século XIX determinaba que as únecas augas públicas eran as dós manantiais, os regatos, os ríos e as augas estancadas en zonas públicas; todas as demáis, subterráneas e superficiais, eran posesión do dono dos terreos e tiña sobre de elas dominio absoluto para a sua explotación e aproveitamento, coa salvedade de non distraelas ou apartalas da súa escorrantía natural.
Os elementos que se tiveron en conta na debandita Lei de 1879 eran máis elementais que os de agora, cando xa se sabe que auga non hai máis que unha, a do cíclo hídrico; a que do mar se eleva as nubes por a acción do sol, cae na terra por a acción da gravidade en forma de neve, choiva ou sarabela. Unha discorre por regatos e ríos deica o mar, ou ben se detén para formar charcas e lagoas.
Filtrada na terra atravesa as capas e xurde de novo en forma de manantiais e fontes, para acadar o séu ciclo natural.
A Lei de Augas de 1985 establece que TODAS AS AUGAS SON DE PROPRIEDADE PÚBLICA, se ben os puzos en explotación de propriedades privadas non se nacionalizan, podendo os seus titulares escoller entre conservar o réxime que xa tiñan sobre eles ou inscribilos no registro de augas asegurando o mesmo réxime de explotación que xa dispuñan durante cincoenta anos máis, podendo, ó final do prazo, obter un direito preferente para vindeiras concesións.
A base legal aparece clara na Lei de 1985 (Art. 1 ) e nos criterios expresados en 1988 por o Tribunal Constitucional sobre dita Ley, xa que "todas as augas, superficiais e subterráneas, integradas no ciclo hidrolóxico, constituen un recurso unitario, subordinado ó interés xeral, que forma parte do dominio público estatal como dominio público hidráulico".
O PLAN HIDROLÓXICO NACIONAL.
A sua posta en práctica foi todo un reto, se ben para Galicia a implantación non supuxo un forte trauma por mor das peculiares condicións que xa se daban, ademáis de ter o país excedentes de auga a causa da súa propria climatoloxía e orografía.
No ano 1995 tremeron máis de un milleiro de pobos, e inda cidades, do Estado Español coa alerta roxa da sede, igoal que xa ocorrera no 1984, pese a non ser un ano especialmente seco, pero o certo é que sen auga todo se convertiría en un deserto e, ó remate, sería a morte. Asé de sinxelo e apocalíptico para moitas poboacións que teñen carencia diste básico elemento.
O Plan Hidrolóxico Nacional non é un punto de chegada; por o contrario, o desenvolvemento de este plan supoñerá un autentico reto para os distintos sectores vencellados, amén de que tan só será posible poñelo en práctica contando con grande imaxinación, organización e xestión.
CONTAMINACIÓN DAS AUGAS
O deterioro das reservas de auga faise cada vez máis grave a causa da progresiva contaminación dos acuíferos con compostos tóxicos, que furan masivamente a capa terrestre e poden chegar a alcanzar as capas freaticas en poucos anos, causando danos irreversibeis debido os compostos químicos que utiliza masivamente a agricultura moderna (abonos, pesticidas, herbicidas, etc...
De esta maneira sevan acumulando metais pesados, mercurio, nitratos, plaguicidas e demáis productos químicos, aparte do excesivo enriquecemento de nutrientes, vertidos a través de augas residuais tanto urbáns como industriais.
Sen ánimo de ser tremendista, xa se apunta que antes de completarse a primeira década do século XXI, máis de unha cuarta parte do auga potable dispoñible actualmente se atopará contaminada como consecuencia distes excesos.
Entre as principais actividades que poden chegar a producir contaminación nas augas tanto, subterraneas como superficiais, atópanse as seguintes:
-Contaminación por vertidos de augas residuais non depuradas (de orixe doméstica ou industrial) .
-Contaminación por vertidos de augas procedentes do enfriamento industrial.
-Arrastre de plaguicidas e herbicidas de uso agrícola.
-Arrastre de sólidos.
-Vertidos de augas con deterxentes.
CALIDADE DAS AUGAS
No tocante a calidade das augas nas nosas fontes, non é bastante con que os nosos sentidos da vista e do olfato no lo indiquen, pois cando éstas saian turbas é de sobra coñecido que compre actuar sobre de elas, e se cheiran mal de sobra sabemos que non podemos usalas para consumo humán.
Compre por tanto recorrir os procedementos convencionais da intervención pública na xestión ambiental e social, levando un estricto control sobre da calidade das augas de consumo humán, para o que se considera procedente levar a práctica un seguemento puntual sobre todos os afloramentos que se han detectado no término municipal.
RELACION POR PARROQUIAS
PARROQUIA DE ARCOS.
Número Fontes: 5 Con Caudal: 3
Potable: Si: 5 Non: 0
Pedra: 3 Ladrillo: 1 Formigón: 1
Canos: 1) 5 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 2 >10 cmts: 3
Feitura: Con data: 0 Sen data: 5
Conservación: Boa: 4 Regular: 1 Mala: 0
Pía: 5
Lavadeiro: 2
Tanque: 1
Tellados: 2
-Precisan limpezas:
Xeral: 1
Basuras: 2
Lodos-Limos: 2
Entorno-Malezas: 1
Desagues-Outros: 1
PARROQUIA DE BANGA.
Número Fontes: 6 Con Caudal: 3
Potable: Si: 2 Non: 1
Pedra: 5 Ladrillo: 0 Formigón: 1
Canos: 1) 5 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 5 >10 cmts: 1
Feitura: Con data: 3 Sen data: 3
Conservación: Boa: 2 Regular: 1 Mala: 3
Pía: 3
Lavadeiro: 2
Tanque: 2
Tellados: 0
-Precisan limpezas:
Xeral: 1
Basuras: 2
Lodos-Limos: 4
Entorno-Malezas: 4
Desagues-Outros: 2
PARROQUIA DE CABANELAS.
Número Fontes: 14 Con Caudal: 13
Potable: Si: 9 Non: 3
Pedra: 14 Ladrillo: 0 Formigón: 0
Canos: 1) 10 2): 3 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 3 >10 cmts: 11
Feitura: Con data: 2 Sen data: 12
Conservación: Boa: 9 Regular: 2 Mala: 3
Pía: 3
Lavadeiro: 6
Tanque: 3
Tellados: 7
-Precisan limpezas:
Xeral: 1
Basuras: 1
Lodos-Limos: 2
Entorno-Malezas: 2
Desagues-Outros:1
PARROQUIA DE O CARBALLIÑO:
Número Fontes: 10 Con Caudal: 8
Potable: Si: 7 Non: 1
Pedra: 9 Ladrillo: 1 Formigón: 1
Canos: 1) 6 2): 3 3): 1 4): 0
Longo: <10 cmts: 5 >10 cmts: 5
Feitura: Con data: 2 Sen data: 8
Conservación: Boa: 8 Regular: 2 Mala: 0
Pía: 6
Lavadeiro: 0
Tanque: 1
Tellados: 0
-Precisan limpezas:
Xeral: 0
Basuras: 2
Lodos-Limos: 1
Entorno-Malezas: 0
Desagues-Outros: 0
PARROQUIA DE LOBÁS.
Número Fontes: 33 Con Caudal: 27
Potable: Si: 25 Non: 1
Pedra: 23 Ladrillo: 1 Formigón: 1
Canos: 1) 13 2): 4 3): 0 4): 1
Longo: <10 cmts: 7 >10 cmts: 18
Feitura: Con data: 9 Sen data: 24
Conservación: Boa: 1 Regular: 12 Mala: 20
Pía: 8
Lavadeiro: 13
Tanque: 10
Tellados: 9
-Precisan limpezas:
Xeral: 7
Basuras: 7
Lodos-Limos: 15
Entorno-Malezas: 25
Desagues-Outros: 9
PARROQUIA DE LONGOSEIROS:
Número Fontes: 8 Con Caudal: 6
Potable: Si: 5 Non: 1
Pedra: 7 Ladrillo: 0 Formigón: 0
Canos: 1) 5 2): 1 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 4 >10 cmts: 3
Feitura: Con data: 0 Sen data: 8
Conservación: Boa: 5 Regular: 2 Mala: 1
Pía: 5
Lavadeiro: 5
Tanque: 3
Tellados: 0
-Precisan limpezas:
Xeral: 5
Basuras: 5
Lodos-Limos: 5
Entorno-Malezas: 6
Desagues-Outros: 4
PARROQUIA DE MADARNÁS.
Número Fontes: 5 Con Caudal: 5
Potable: Si: 5 Non: 0
Pedra: 5 Ladrillo: 1 Formigón: 0
Canos: 1) 3 2): 2 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 2 >10 cmts: 5
Feitura: Con data: 1 Sen data: 4
Conservación: Boa: 3 Regular: 2 Mala: 0
Pía: 4
Lavadeiro: 4
Tanque: 1
Tellados: 3
-Precisan limpezas:
Xeral: 3
Basuras: 3
Lodos-Limos: 4
Entorno-Malezas: 3
Desagues-Outros: 3
PARROQUIA DE MESEGO:
Número Fontes: 3 Con Caudal: 1
Potable: Si: 2 Non: 0
Pedra: 3 Ladrillo: 0 Formigón: 0
Canos: 1) 1 2): 1 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 1 >10 cmts: 2
Feitura: Con data: 1 Sen data: 2
Conservación: Boa: 3 Regular: 0 Mala: 0
Pía: 2
Lavadeiro: 2
Tanque: 0
Tellados: 1
-Precisan limpezas:
Xeral: 0
Basuras: 0
Lodos-Limos: 2
Entorno-Malezas: 1
Desagues-Outros: 2
PARROQUIA DE MUDELOS.
Número Fontes: 8 Con Caudal: 7
Potable: Si: 5 Non: 0
Pedra: 7 Ladrillo: 1 Formigón: 0
Canos: 1) 8 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 3 >10 cmts: 5
Feitura: Con data: 0 Sen data: 8
Conservación: Boa: 4 Regular: 4 Mala: 0
Pía: 2
Lavadeiro: 6
Tanque: 0
Tellados: 5
-Precisan limpezas:
Xeral: 2
Basuras: 2
Lodos-Limos: 3
Entorno-Malezas: 3
Desagues-Outros: 3
PARROQUIA DE PARTOVIA.
Número Fontes: 15 Con Caudal: 13
Potable: Si: 12 Non: 2
Pedra: 14 Ladrillo: 0 Formigón: 1
Canos: 1) 8 2): 2 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 5 >10 cmts: 7
Feitura: Con data: 3 Sen data: 12
Conservación: Boa: 2 Regular: 3 Mala: 10
Pía: 3
Lavadeiro: 4
Tanque: 2
Tellados: 3
-Precisan limpezas:
Xeral: 2
Basuras: 2
Lodos-Limos: 8
Entorno-Malezas: 10
Desagues-Outros: 9
PARROQUIA DE PITEIRA.
Número Fontes: 19 Con Caudal: 17
Potable: Si: 16 Non: 2
Pedra: 13 Ladrillo: 0 Formigón: 4
Canos: 1) 14 2): 4 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 7 >10 cmts: 15
Feitura: Con data: 6 Sen data: 13
Conservación: Boa: 5 Regular: 12 Mala: 2
Pía: 7
Lavadeiro: 10
Tanque: 1
Tellados: 6
-Precisan limpezas:
Xeral: 3
Basuras: 3
Lodos-Limos: 10
Entorno-Malezas: 12
Desagues-Outros: 11
PARROQUIA DE SAGRA.
Número Fontes: 11 Con Caudal: 8
Potable: Si: 9 Non: 0
Pedra: 9 Ladrillo: 0 Formigón: 1
Canos: 1) 8 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 2 >10 cmts: 6
Feitura: Con data: 1 Sen data: 10
Conservación: Boa: 1 Regular: 9 Mala: 1
Pía: 5
Lavadeiro: 6
Tanque: 2
Tellados: 0
-Precisan limpezas:
Xeral: 4
Basuras: 4
Lodos-Limos: 8
Entorno-Malezas: 8
Desagues-Outros: 4
PARROQUIA DE SEÑORÍN:
Número Fontes: 2 Con Caudal: 2
Potable: Si: 2 Non: 0
Pedra: 1 Ladrillo: 1 Formigón: 0
Canos: 1) 2 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 0 >10 cmts: 2
Feitura: Con data: 0 Sen data: 2
Conservación: Boa: 1 Regular: 1 Mala: 0
Pía: 0
Lavadeiro: 0
Tanque: 0
Tellados: 0
-Precisan limpezas:
Xeral: 1
Basuras: 1
Lodos-Limos: 1
Entorno-Malezas: 1
Desagues-Outros: 0
PARROQUIA DE SEOANE.
Número Fontes: 11 Con Caudal: 8
Potable: Si: 6 Non: 3
Pedra: 8 Ladrillo: 0 Formigón: 4
Canos: 1) 7 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 4 >10 cmts: 3
Feitura: Con data: 7 Sen data: 4
Conservación: Boa: 7 Regular: 2 Mala: 2
Pía: 8
Lavadeiro: 6
Tanque: 2
Tellados: 5
-Precisan limpezas:
Xeral: 1
Basuras: 1
Lodos-Limos: 4
Entorno-Malezas: 8
Desagues-Outros: 5
PARROQUIA DE VARÓN.
Número Fontes: 11 Con Caudal: 9
Potable: Si: 8 Non: 3
Pedra: 8 Ladrillo: 0 Formigón: 0
Canos: 1) 10 2): 0 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 4 >10 cmts: 6
Feitura: Con data: 2 Sen data: 9
Conservación: Boa: 0 Regular: 7 Mala: 4
Pía: 1
Lavadeiro: 1
Tanque: 1
Tellados: 0
-Precisan limpezas:
Xeral: 4
Basuras: 4
Lodos-Limos: 5
Entorno-Malezas: 5
Desagues-Outros: 5
PARROQUIA DE VEIGA
Número Fontes: 8 Con Caudal: 7
Potable: Si: 7 Non: 0
Pedra: 7 Ladrillo: 1 Formigón: 0
Canos: 1) 5 2): 2 3): 0 4): 0
Longo: <10 cmts: 3 >10 cmts: 6
Feitura: Con data: 3 Sen data: 5
Conservación: Boa: 2 Regular: 5 Mala: 1
Pía: 2
Lavadeiro: 4
Tanque: 1
Tellados: 3
-Precisan limpezas:
Xeral: 5
Basuras: 5
Lodos-Limos: 6
Entorno-Malezas: 6
Desagues-Outros: 7
CONCLUSIÓNS
Á vista das case duascentas fontes e afloramentos de auga que se producen no término municipal de O Carballiño, entendemos que compre levar á práctica unha política de dobre contido, pois si por unha banda é preciso manter o compoñente social de estas obras civís, algunhas con moito contido dentro do patrimonio histórico artístico, tamén non é menos certo que por a sua finalidade e trascendencia para a propria poboación compre ser rigurosos vixilando aspectos sanitarios; ase como, en outro terreo, as que teñen incidencia no medio rural, por canto que os excedentes serven como elemento estimulante da vexetación e as súas pías fan de abrevadeiros para o gando.
O traballo desenvolveuse en seis niveis de actuación, pois amén de a lóxica localización dentro do marco parroquial, considerouse prioritario coñecer a finalide social que tiña, pasando a un terceiro plano os elementos patrimoniais e máis os complementarios.
Considerouse interesante deixar constancia do seu estado actual en base a potenciais actuacións futuras ou, máis ben, a precisas e puntuais intervencións que se deben acometer por mor de manter os principios de utilidade, hixiene e presenza.
Algunhas observacións o respecto da fonte ou manantial, asé como datos relativos a feitura, historia, contos e lendas complementan este inventario xunto con unha serie de fotografías que dan constancia do máis siñificativo da obra e do seu entorno.
Dentro do grupo de fontes que manteñen un certo contido arquitectónico ou histórico cabe suliñar como máis interesantes a adosada a parede do Concello. A esta fonte cómprelle unha restauración, asé como realzala, xa que ó estar afundida respecto do seu entorno perdese o valor artístico.
O Carballiño, Xaneiro de 1997